Estamos aínda no ano en que se celebra o centenario do nacemento de Lueiro Rey polo que promocionar a súa obra creo que é unha obriga para todas as persoas que admiramos a súa traxectoria. Asemade resulta de regra facelo tamén na cidade de Vigo, que chegou a poetizar nese Vigo en tres paisajes e noutros poemas e na que cultivou moitas relacións e amizades. Deste xeito a libraría Cartabón acollerá un acto do que, particularmente, me sinto moi satisfeito pois aúna os esforzos de dúas editoriais como son Laiovento e Xerais responsables da publicación de Novas crónicas dunha transición intransixente e mais de Non debían medrar.
A presentación terá lugar, como se dixo, na devandita libraría Cartabón de Vigo, Urzaiz nº 125, o vindeiro xoves 6 de outubro, ás oito do serán, onde terei a sorte de participar a carón de Pepe Carreiro e Manuel Bragado, en representación de Laiovento e Xerais respectivamente.