Vídeo da presentación de “O espello do mundo” na libraría Cartabón (Vigo)

Todas as presentacións que se fixeron ata o de agora da novela O espello do mundo foron experiencias, para min, extraordinarias polo moito que aprendín nelas, pola diversidade de puntos de vista que se exhibiron e polo afecto que me demostraron tanto as persoas que foron convidadas a falar como aquelas que puideron ou quixeron asistir aos diversos actos que Edicións Xerais organizou para visibilizar este libro.

    A que se realizou a semana pasada na libraría viguesa Cartabón resultou moi emotiva para min por que a acolleu un espazo querido e por todas as persoas que me acompañaron tanto na mesa como no público. Os amigos Gonzalo e Maribel gravan, asemade, estas presentacións nunha iniciativa que me parece fantástica pois salvagarda nun formato audiovisual todo o que alí se dixo. Comparto aquí ese vídeo para as persoas que lles interese e, de novo, deixo constancia da miña gratitude polo apoio recibido.