Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

A lenda de Sally Jones, de Jakob Wegelius

Jakob Wegelius

A lenda de Sally Jones (tradución de Moisés Barcia)

Sushi Books, Cangas do Morrazo, 112 páxinas, 16 €

 

Wegelius (Goteborg, 1966) plasma, neste sorprendente libro, unha atractiva metáfora sobre as reviravoltas que pode dar a vida. Faino cun recendo a novela clásica de aventuras que nos traslada de Istambul á lla de Borneo, das rúas de Port Said ás gaiolas dun circo e dun zoo. Súcanse mares inhóspitos, presenciamos naufraxios, asistimos a roubos incribles e o mundo vai estreitando os seus límites mercé a Sally Jones: unha gorila que encarna, malia os maltratos, traizóns e vexacións que sofre, valores como a lealdade e a xenerosidade por riba doutras cousas. Seica en breve leremos en galego outra novela do mesmo autor: unha excelente noticia.

Este artigo publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 30 de setembro, baixo o título de “Unha aventura engaiolante”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: