Zara. Edición políglota, de Antero de Quental

Antero de Quental

Zara. Edición políglota

Parlamento de Galicia-Xunta de Galicia-Real Academia Galega, Compostela, 2016, 112 páxinas.

 

 

Esa elexía conmovedora que Antero de Quental (1842-1891) escribiu tras a morte prematura da filla do seu amigo Joaquim de Araújo e que serviu para o epitafio daquela moza chamada Zara gozou dunha inusual fortuna ao editarse, en 1894, unha colectánea na que o poema se traducía a numerosos idiomas, entre eles ao galego por Curros Enríquez. Ve a luz agora un facsímile daquel volume que fai pensar en que nunca pasa o tempo por riba dos grandes poemas e, se cara aínda máis, por aqueles que exploran as dimensións inmarcesibles dos “soños interrompidos”.

Baixo o título de “O soño interrompido” este texto publicouse o pasado venres, 7 de outubro, nas páxinas do suplemento Fugas de La Voz de Galicia.