Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Manuscrito: Avelino Pousa Antelo

O meu agradecemento a David Otero e Nora Pousa pola cesión deste manuscrito, escrito orixinalmente a lapis, de Avelino Pousa Antelo para o “Caderno da crítica” sobre as súas esperanzas e as da mocidade nacionalista nos tempos da República. Abaixo reprodúcese a versión mecanoscrita do texto.

Para falar da miña relación co Sempre en Galiza penso que debo falar da miña relación persoal co galeguismo e co propio Castelao en aqueles ilusionantes tempos da proclamación da 2ª República que para min -para a mocedade galeguista en xeral- abriu unha etapa de ilusionantes proxectos vitaes e unhas novas esperanzas non menos ilusionantes e cecais utópicas para o porvir de Galicia.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 13 Outubro 2016 por en Divulgación,Literatura galega , , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: