Está xa na rede o vídeo que a Libraría Cartabón colgou para todas as persoas interesadas e que recolle as intervencións dos editores Pepe Carreiro e Manuel Bragado, e a miña propia, que tiveron lugar o día seis de outubro na presentación de Non debían medrar (Xerais) e mais Nova crónicas dunha transición intransixente (Laiovento). Moi agradecido por este novo vídeo.