1.– Principal trazo do seu carácter?
– O nerviosismo.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A bondade.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Con sorte nada que non me queiran dar.
4.– A súa principal eiva?
– De novo o nerviosismo, e canda el a obsesión por anticiparme aos acontecementos.
5.– A súa ocupación favorita?
– Rir.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Rir con miña irmá.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– A soidade.
8.– Que lle gustaría ser?
– Libre.
9.– En que país desexaría vivir?
– Nun país no que a maioría da xente falase a lingua que eu falo.
10.– A súa cor favorita?
– O azul e o branco, cando se xuntan.
11.– A flor que máis lle gusta?
– A lavanda.
12.– O paxaro que prefire?
– O mazarico.
13.– A súa devoción na prosa?
– A procura da verdade.
14.– E na poesía?
– A procura da verdade.
15.- Un libro?
– The Seven Ages de Louise Glück.
16.– Un heroe de ficción?
– Thomas Bernhard.
17.– Unha heroína?
– Olive Kitteridge.
18.– A súa música favorita?
– A da xente que canta polas mañás.
19.– Na pintura?
– Tiziano, Caravaggio, Maruja Mallo, Edward Hopper, Andrew Wyeth, Soledad Sevilla…
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Miña nai.
21.– O seu nome favorito?
– María.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A autocompaixón.
23.– O que máis odia?
– A inxustiza.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Os submisos.
25.– Un feito militar que admire?
– Ningún en particular.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Ser sempre honesto comigo e cos demais. Tamén escribindo.
27.– De que maneira lle gustaría morrer?
– Rápido. A poder ser tarde.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– A incerteza.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Aqueles que os outros non poden evitar. Pero non son moi indulxente en xeral, velaí outro defecto.
30.– Un lema na súa vida?
– Non creo que teña un lema. Ás veces apunto cousas, citas. Hai tempo anotei dun libro de Fleur Jaeggy: “La resistenza è il frutto della disciplina”, aínda lle estou dando voltas.