Participei este pasado sábado, nas extraordinarias instalacións da Casa da Cultura “Xaime Illa Couto” de Raxó (Poio), na presentación da exposición itinerante “Manuel Lueiro Rey” que visitou, hai poucas datas, a cidade de Pontevedra. Foi un pracer falar nesta apertura, xunto coa benquerida poeta Eli Ríos, para que a veciñanza de Poio, e as comunidades escolares que se integran neste concello, teñan a oportunidade de coñecer, a través dos numerosos paneis informativos e outro tipo de recursos que conforman a exposición, os diversos perfís que podemos atopar en Lueiro. Grazas ao Concello de Poio polo interese, a Carmen Carreiro coma sempre, e ao acompañamento musical a cargo de Juan Carlos Cambas, Mar Caramés e Jeremías Araya. Un serán estupendo. Seguimos.