Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Novas crónicas dunha transición intransixente, de Manuel Lueiro, en Pontevedra

Este vindeiro mércores, 19 de outubro, retornaremos a Pontevedra para presentar, na libraría Paz e ás oito do serán, o volume Novas crónicas dunha transición intransixente, de Manuel Lueiro Rey no marco das actividades que se están a levar a cabo para celebrar o centenario do seu nacemento.

    En representación de Laiovento, casa editora deste libro, acompañaranos Afonso Ribas. Falaremos da orixe deste libro, do papel que ocupa na obra xornalística de Lueiro e da desencantada visión que as súas análises desprenden da política e da sociedade entre os anos 1977 e 1988. Será un pracer vernos alí.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: