1.– Principal trazo do seu carácter?
– A organización.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A bondade.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Que me queiran como son.
4.– A súa principal eiva?
– O nerviosismo.
5.– A súa ocupación favorita?
– Rir.
6.– O seu ideal de felicidade?
– A tranquilidade dunha praia no outono.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Perder ás persoas que quero.
8.– Que lle gustaría ser?
– Feliz.
9.– En que país desexaría vivir?
– En Galiza.
10.– A súa cor favorita?
– Verde.
11.– A flor que máis lle gusta?
– A magnolia.
12.– O paxaro que prefire?
– O xirín.
13.– A súa devoción na prosa?
– As autoras honestas e comprometidas.
14.– E na poesía?
– Leopoldo M.Panero, Sylvia Plath, Sharon Olds, María do Cebreiro, Méndez Ferrín, Olga Novo…
15.- Un libro?
– Con pólvora e magnolias (por exemplo).
16.– Un heroe de ficción?
– Robin Hood.
17.– Unha heroína?
– Esther Greenwood.
18.– A súa música favorita?
– O silencio.
19.– Na pintura?
– Klimt, Lempicka e Piccaso.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Miña nai.
21.– O seu nome favorito?
– Daniel.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A soberbia.
23.– O que máis odia?
– A inxustiza.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– A de calquera ditador, activo ou pasivo, que someteu ou somete ao pobo.
25.– Un feito militar que admire?
– A revolução dos cravos.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– A calma.
27.– De que maneira lle gustaría morrer?
– Sobrevivindo ás persoas que odio. Agora en serio, espero morrer rindo ou bailando ou cantando…
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Estresado.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– A preguiza.
30.– Un lema na súa vida?
– Renderse nunca é unha opción.