Cuestionario Proust: Carlos Meixide

Carlos Meixide

 1.– Principal trazo do seu  carácter?

– O desconcertante descoñecemento de min mesmo…

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

– O humor, a intelixencia e a bondade.

3.– Que agarda das súas amizades?

-Cariño e comprensión.

4.– A súa principal eiva?

– Eiva? Eu?

5.–  A súa ocupación favorita?

-Nadar, ler, escribir…

6.–  O seu ideal de felicidade?

-Nadar, ler, escribir, sexo, cabrito asado, cintas de vídeo…

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

– A morte, imaxino.

8.– Que lle gustaría ser?

-Futbolista ou cantante.

9.– En que país desexaría vivir?

-Portugal.

10.– A súa cor favorita?

-Vermello.

11.– A flor que máis lle gusta?

-Gústanme as astromelias.

12.– O paxaro que prefire?

-As galiñas.

13.– A súa devoción na prosa?

-Eça de Queirós.

14.– E na poesía?

-Pessoa.

15.- Un libro?

O crime do Padre Amaro.

16.– Un heroe de ficción?

-‘O Chapulín Colorado‘.

17.– Unha heroína?

-Sarah Lund, a protagonista da serie de TV dinamarquesa ‘The Killing’.

18.– A súa música favorita?

-Chico Buarque, tango, fado, rock&roll…

19.– Na pintura?

-Velázquez, El Greco, Manet, María Meijide…

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

-Mamá.

21.– O seu nome favorito?

-Gustaríame chamarlles aos meus fillos Diglosia e Aluminose pero… non sei…  Arsenio?

22.– Que hábito alleo non soporta?

– A imbecilidade.

23.– O que máis odia?

-O abuso de poder, as tiritas e os bolígrafos BIC.

24.– A figura histórica que máis despreza?

– Thiers, Franco, Felipe González.

25.– Un feito militar que admire?

-A Comuna de París.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

-Cantar moi ben.

27.– De que maneira lle gustaría morrer?

-Cantando, bailando… facendo algo alegre, en definitiva…

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

-Ultimamente os extremos, para o bo e para o malo.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

-Os que non son por mal.

30.– Un lema na súa vida?

-Aquel do Chapulín Colorado: ‘Síganme los buenos‘.

2 Comments

  1. Fala ben Meixide cando manifesta o seu desprezo polo maldito Thiers, homiño que tanto mal fixo pola república francesa como facho da revolución GRRRR.

Os comentarios están pechados.