Este vindeiro xoves 27 de outubro a libraría pontevedresa Paz acollerá a presentación d´O espello do mundo. Será as oito do serán e estarei felizmente acompañado por persoas que estimo pola súa traxectoria profesional e investigadora como son a profesora e ensaísta Ana Acuña e a xornalista e escritora Montse Fajardo. Acompañaranos tamén o meu amigo, escritor e editor Fran Alonso, en representación de Edicións Xerais. Sería fantástico vervos por alí.