Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Manuscrito: Lorenzo Varela

Transitamos polo centenario do nacemento de Lorenzo Varela, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 2005. Faltaba a súa presenza nesta sección e  permítome recoller unha mostra dun dos seus poemas máis significativos e extraordinarios titulado “Compañeiros da miña xeneración mortos ou asesiñados”. A versión manuscrita recupérase felizmente no artigo <<“Lonxe”, “Dolmen” e “Compañeiros da miña xeneración mortos ou asasiñados”: os seus textos autógrafos>> publicado no Boletín da Real Academia Galega (nº 366) por Gregorio Ferreiro Fente, un dos máximos coñecedores da biografía e da obra de Lorenzo Varela.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 21 Outubro 2016 por en Divulgación,Literatura galega,Manuscrito , , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: