Río infindo, de Aida Saco-Beiroa

O meu amigo Ramiro Torres faime coñecedor desta versión musical que está inspirada, fragmentariamente, no poema “Romance pesimista de fin de ano”, de Celso Emilio Ferreiro. Parabéns a Aida Saco-Beiroa pola composición, o piano e as imaxes do vídeo, tamén aos coros de Helena de Alfonso. A gravación e mestura é de José Lara Gruñeiro e a montaxe e realización do vídeo foi a cargo de Javier Saco. Unha marabilla.