Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

1 + 1 = 3, de Baldo Ramos e Franck Meyer

Baldo Ramos e Franck Meyer

1 + 1 = 3

Positivas, Compostela, 100 páxinas, 10 €

 

A fórmula matemática que bautiza este libro apunta á sinerxia onde o proceso de sumar forzas –neste caso a través dun diálogo poético- vai máis alá do resultado estético que se obtería individualmente. Ramos e Meyer interpélanse desde a anonimia autorial para o lector e así comparten un discurso que ara en sucos comunicativos desde os que partillar visións, imaxes e reflexións para afondar en conceptos como o paso do tempo, o exilio, a fuxida ou as fronteiras. Escrita cóncava onde as palabras, elásticas, rebotan e deseñan órbitas inesperadas.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 21 de outubro de 2016, baixo o título de “Escrita cóncava”.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 24 Outubro 2016 por en Uncategorized , , , , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: