O espello do mundo en Pontevedra

Resultou moi emotiva e intensa a presentación d´O espello do mundo na acolledora libraría pontevedresa Paz no serán de onte. Fran Alonso, en representación da Edicións Xerais, xunto coa ensaísta e profesora Ana Acuña e mais a xornalista e escritora Montse Fajardo, diseccionaron a novela con especial atención, agudeza e agarimo nunhas intervencións que resultaron, para min, memorables. O agasallo e sorpresa final, a cargo de Ana e Montse, consistente nunha lectura dramatizada de dous fragmentos d´O espello do mundo será unha desas cousas que un vaia evocar sempre. Grazas a Fran, Ana e Montse; grazas á Libraría Paz e grazas a todas as persoas -moitas delas moi queridas por min- que asistiron á presentación e nos honraron coa súa presenza. Seguimos!

2 Comments

Os comentarios están pechados.