Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Camilo J. Cela e a cachelada a prol da Fundación Penzol: un poema manuscrito en galego

Hai xa algúns meses que tiña pendente a publicación un orixinal manuscrito de Camilo José Cela en lingua galega como é poema “Romance de Historia Natural” e que se me facilitou amablemente desde a Fundación Penzol. Trátase dunha iniciativa gastronómica e cultural que tivo lugar na Casa de Galicia de Nova York, o 5 de abril de 1964, e na que Cela interveu con este poema co obxectivo de recadar fondos para á Fundación Penzol cando esta estaba a piques de cumprir o primeiro ano da súa constitución. Deixo, asemade, unha crónica inspirada no desenvolvemento daquel evento. A miña gratitude a Quico Domínguez e á amentada fundación pola cesión destes documentos que ven a luz no centenario do escritor de Iria Flavia.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: