Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Álex Alonso

 

Álex Alonso

 1.– Principal trazo do seu  carácter?

– Din que a espontaneidade.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

– Que sexan naturais, coma os iogures.

3.– Que agarda das súas amizades?

– Nada, porque sei que con elas teño todo.

4.– A súa principal eiva?

– Que non acabo de andar erecto, coma o homus.

5.–  A súa ocupación favorita?

– A evasión (non confundir coa fiscal).

6.–  O seu ideal de felicidade?

-Unha ventá con vistas ao mar.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

– Ser un desgraciado.

8.– Que lle gustaría ser?

-Boxeador ou sacerdote. Por aquilo das obleas.

9.– En que país desexaría vivir?

– Macondo ou Mondoñedo.

10.– A súa cor favorita?

-A multicolor.

11.– A flor que máis lle gusta?

-A florecente.

12.– O paxaro que prefire?

-O de mal agoiro.

13.– A súa devoción na prosa?

-Escrivá de Balaguer, por aquilo da devoción.

14.– E na poesía?

-Obviamente, a mística.

15.- Un libro?

-Erros e Tánatos, por exemplo.

16.– Un heroe de ficción?

-Mariano Rajoy.

17.– Unha heroína?

-María Dolores de Cospedal.

18.– A súa música favorita?

-O violín de Candela ou a frauta traveseira de Irene.

19.– Na pintura?

-As rupestres.

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

– Calquera persoa con salario indigno.

21.– O seu nome favorito?

-Prometeo.

22.– Que hábito alleo non soporta?

– A mala educación.

23.– O que máis odia?

-A violencia contra a muller.

24.– A figura histórica que máis despreza?

– Dúas. Porque tanto monta como monta tanto.

25.– Un feito militar que admire?

-A baixada de bandeira.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

-Converterme en iogur.

27.– De que maneira lle gustaría morrer?

-Coa solicitude cuberta para formar parte da Santa Compaña.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

-O do pi pi pi do microondas.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

-Aqueles que son o espello dos meus.

30.– Un lema na súa vida?

-A estupidez humana é a única cousa que nos dá unha idea do infinito.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 2 Novembro 2016 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: