Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

A exposición Manuel Lueiro Rey. Camiño aberto en Ponte Caldelas

Este vindeiro venres 11 de novembro, ás 19:30 do serán, a exposición itinerante “Manuel Lueiro Rey. Camiño aberto” recalará en Ponte Caldelas. Por tal motivo celebrarase unha sesión de apertura nos locais da biblioteca do Concello onde, como é de regra neste ano do seu centenario, faremos memoria de Lueiro Rey, xustamente nun espazo onde o 16 de febreiro de 1936 permaneceu detido. Falaremos diso e doutros aspectos nun acto no que haberá música con Juan Carlos Cambas e Mar Caramés, ademais de intervencións a cargo de Andrés Díaz -alcalde de Ponte Caldelas-, Xesús Alonso Montero, Eli Ríos e Ramón Rozas. Será un pracer vervos alí.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: