Do re mi fantasía, de Concha Blanco

Concha Blanco

Do re mi fantasía (ilustracións de Olaya Naveira)

Bolanda, Santiago de Compostela, 47 páxinas, 16 €

 

Engade a escritora ceense Concha Blanco unha nova entrega ao seu sólido percorrido creativo desde o que convida, ao meu ver orixinalmente, a que se dean a man tres posibilidades de lectura como son a de seguir só os textos poéticos, obviando o resto; achegarse simplemente aos textos en prosa ou facelo todo por xunto.  Dun e doutro xeito é esta unha invitación ao divertimento e á lectura, por extensión ao coñecemento duns personaxes singulares que, entre todos e maxicamente, farán soar unhas notas musicais que abrirán as portas ao sorriso, demostrando que os soños tamén existen.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, baixo o título de “O gurgullar da fantasía”.