Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Historia das historias de Galicia, Isidro Dubert (ed.)

Isidro Dubert (ed.)

Historia das historias de Galicia

Xerais, Vigo, 2016, 408 páxinas, 21 €

 

Que un libro tecido cos fíos do noso pasado, que cuestiona e desmitifica algúns dos preconceptos que foron instalándose con convicción no discurso oficial da nosa Historia chegue a unha terceira reedición en poucos meses é unha proba inequívoca do seu interese e aceptación. O volume, coordinado por Isidro Dubert e no que colaboran salientables especialistas de diferentes materias, non agocha a suxestiva lectura do que puido e pode condicionar o noso presente e o noso futuro. Para sabermos máis sobre nós, sobre a nosa identidade e o noso pasado velaquí unha achega valiosa e determinante a non perder.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 28 de outubro de 2016.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: