Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Lorena Rei

Lorena Rei

 1.– Principal trazo do seu  carácter?

– A impulsividade, debo aprender a respirar. Tamén na súa dimensión de vivir o aquí e o agora dun xeito pleno.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

– A humildade.

3.– Que agarda das súas amizades?

– Que me aconsellen pero non me xulguen.

4.– A súa principal eiva?

– A falla de puntualidade, converteuse nunha patoloxía que me preocupa.

5.–  A súa ocupación favorita?

– Producir.

6.–  O seu ideal de felicidade?

– Sentir que son rica co máis insignificante.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

– Neste momento perder a meus pais, fanme moita falla.

8.– Que lle gustaría ser?

– Gustaríame ser moitas cousas. No futuro non me vexo sendo só profesora.

9.– En que país desexaría vivir?

– Nunha Galicia que ama o seu por riba de toda as cousas.

10.– A súa cor favorita?

– A cor da area.

11.– A flor que máis lle gusta?

– As orquídeas silvestres.

12.– O paxaro que prefire?

– O cuco.

13.– A súa devoción na prosa?

– Estao a ser Diego Ameixeiras.

14.– E na poesía?

María do Cebreiro, Matilde Campilho,  Walt Whitman…

15-. Un libro?

– O Tao Te King.

16.– Un heroe de ficción?

– Non creo nos heroes, si nos homes.

17.– Unha heroína?

– A heroína mata.

18.– A súa música favorita?

– Rodrigo Leão, Miles Davis, Astrud Gilberto, Marie Fisker, The kinks…

19.– Na pintura?

– Dalí.

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

– A miña avoa Dorinda.

21.– O seu nome favorito?

– Xohana.

22.– Que hábito alleo non soporta?

– Vivir (n)a vida dos demais.

23.– O que máis odia?

– A inxustiza.

24.– A figura histórica que máis despreza?

– A de todos os ditadores.

25.– Un feito militar que admire?

– Non me gustan as armas.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

– O de sanar.

27.– De que maneira lle gustaría morrer?

– Sen dor.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

O de estar alegre  mais á espreita.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

– A ignorancia.

30.– Un lema na súa vida?

– Fai ben e non mires a quen.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 14 Novembro 2016 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: