Manuscrito: conclusións da I Asemblea Nacionalista de Lugo (1918)

No día de mañá cumpriranse noventa e oito anos do comezo da I Asemblea Nacionalista que organizaron as Irmandades da Fala na cidade de Lugo, concretamente no teatro Lugo-Salón como se encargou de puntualizar oportunamente Xulio Pardo de Neyra.  Camiñamos, así pois, cara ao centenario deste encontro mentres celebramos este ano o da creación das propias Irmandades. Teño para min que, de aquí a un par de anos, é tempo para formular e madurar iniciativas que, en diversas ordes, cumpriría ir proxectando. Vaia aquí, polo de agora, un manuscrito que recolle o comezo do célebre documento subscrito naquela histórica Asemblea.

Os persoeiros das Irmandades da Fala reunidos en asambleia magna tida na cibdá de Lugo nos dias 17 e 18 do mes da data pra conquerire do Goberno da Sua Maxestade El Rey autonomia integral da Nazón Galega e fixar n-un programa concreto as que coidan testas soluciós ôs problemas que intresan d-un xeito fondonisimo â vida nazonal da Galicia, aprobaron e sosteñen, c-o corazón ateigado de espranza e os ollos postos no porvir da nay Terra, as siguentes conclusiós, que fan públicas pra conocimento e meditazón do pobo Galego, nestora solemne do albeo das nazonalidades que sinten tremelar a sua y-alma e fan xurdir a súa persoalidade.