Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Fallo do Certame literario-pedagóxico “Centenario Lorenzo Varela”

Camiñamos polo centenario do nacemento de Lorenzo Varela, autor que sempre admirei por un percorrido vital marcado polo seu compromiso político, pola fenda que nel supuxo a vivencia da guerra, pola experiencia exílica e, como non, pola súa fecunda e singular actividade literaria.

    Hai algúns meses fixéronse públicas bases dun certame literario-pedagóxico consistente nunha análise dunha composición poética de Lorenzo Varela para distribuír, en forma de libro, nos centros de ensino de Galicia. O galardón, organizado polo Concello de Monterroso e o Instituto de Estudos Ulloáns, fallouse no día de onte cun xurado composto por lorenzólogos como Fernando Salgado, Gregorio Ferreiro, Xesús Alonso Montero, Carlos Vázquez, Miguel Rico (alcalde de Monterroso) e Francisco Pardo.  Os devanditos especialistas outorgaron o primeiro premio do certame á profesora Cristina Souto, o segundo a un comentario que realicei sobre o poema “Compañeiros da miña xeneración mortos ou asasiñados” e o terceiro distinguiu o traballo da tamén profesora e amiga Esperanza Mariño. O comentario dun texto poético  en castelán correspondeu a un traballo da autoría da profesora Patricia Arias.

    Agradezo desde aquí ao xurado o seu ditame e estendo os meus parabéns a todas as persoas galardoadas polos seus traballos. O día tres de decembro, en Monterroso, haberá un día dedicado á memoria de Lorenzo Varela. Alí estaremos.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: