Tal e como informa a web da Fundación Celso Emilio Ferreiro esta tarde ditaminouse a peza gañadora no 1º Premio Celso Emilio Ferreiro de poemas musicados que correspondeu ao grupo Licalaterna, integrado por Andrea Souto e Óscar Iglesias, pola súa peza “Mensaxe dende o silenzo”, poema incluído n´O soño sulagado.
A entrega do galardón terá lugar o sábado 3 de decembro, ás 11:30 da mañá no Espazo Foro do Culturgal da cidade de Pontevedra. Parabéns a Licalaterna e a gratitude de todo o xurado pola enorme participación nesta primeira convocatoria.