Novidades (II)

A casa do medo

Agustín Fernández Paz

Rodeira-Edebé

128 páxinas * 9,95 €

Un dos libros póstumos do grande Agustín Fernández Paz que é imposible ler sen emoción. Nel advírtese a pegada dun mestre no xénero e volve transitar polo universo do misterio e o descoñecido co obxectivo depositado na superación da adversidade.

 

 

 

 

Bolcheviques 1917-2017

Teresa Moure (coord.)

Através Editora

188 páxinas * 15 €

Primeiro volume dun conxunto de ensaios onde se valoran as diversas dimensións que encerra o movemento bolxevique ao longo da historia, e tamén en Galicia, cen anos despois do inicio daquel proceso revolucionario.

 

 

 

O mono do asasino

Jakob Wegelius

Sushi Books

624 páxinas * 24 €

Un simio antropoide chamado Sally Jones, protagonista doutra historia xa publicada en galego no mesmo selo, decide agora escribir nunha Underwood nº 5 a historia dun asesinato cometido en Lisboa. Un libro esteticamente fantástico en tradución de Moisés Barcia.

Estas referencias publicáronse no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 25 de novembro de 2016.