Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Os miniclásicos de Embora

Achegar os clásicos ás lectoras e lectores que aínda viven nun proceso no que lles gusta atopar novas experiencias na lectura pode considerarse hoxe en día unha ferramenta formativa de extraordinaria utilidade. Talvez con esta perspectiva aparece agora no mercado un conxunto de dez propostas, abeiradas ao formato de álbum infantil, na que Edicións Embora, nunha colección chamada “mini-clásicos”, decide ofrecer un percorrido por parte dos máis salientable da literatura universal de todos os tempos exhibindo un rexistro moi accesible, adaptados e ilustrados ad hoc por un conxunto de especialistas.

    Velaí,  así pois desde A Odisea de Homero ata o Quixote cervantino, pasando por libros de Jonathan Swift, Robert L. Stevenson ou Shakespeare. Sen esquecer Tirante o Branco, O mozo rei Artur. A volta ao mundo en 80 días de Verne, O chepudo de Notre Dame de Víctor Hugo ou o Frankenstein de Mary W. Shelley. Todos eles,  constitúen unha iniciativa, sen dúbida, moi suxestiva e plausible da que me comprace deixar memoria aquí.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 28 Novembro 2016 por en Divulgación,Literatura infantil , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: