Novidades (III)

Un banco na Gran Vía

Manuel Vilanova

Ir Indo, Vigo, 2016, 546 páxinas, 15 €

Conturba, unha vez máis, a voz oceánica e monumental de Vilanova: poeta devocional que segue transitando, con fe, polos camiños das procuras.

 

 

 

 

O canto da Sibila

Rebeca Baceiredo

Galaxia, Vigo, 2016, 96 páxinas, 12 €

Estrea no xénero poético dunha ensaísta onde a sibila anuncia mudanzas, sempre á busca doutras fronteiras líricas heterodoxas e subversivas.

 

 

 

 

Novas do exterior

Xosé Luís Santos Cabanas

Axóuxere, Rianxo, 2016, 380 páxinas, 20 €

Crónica escintilante que reduce as distancias coa palabra e reflicte o que latexa nos quilómetros percorridos para visitar un fillo ingresado no cárcere.

 

 

 

Estas referencias publicáronse no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 2 de decembro de 2016.