Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Marifé Quesada, socia de honra de Gálix, no IES Valadares

Este vindeiro luns día 12 de decembro, ás 12 horas e nun acto aberto que se desenvolverá no salón de actos do IES Valadares (Vigo), a comunidade educativa acollerá o nomeamento de socia de honra de Gálix á ilustradora Marifé Quesada.

     Está prevista a presenza do presidente da asociación, Xosé A. Perozo, e a laudatio preceptiva  correrá a cargo da escritora María Xosé Queizán. Alén dunha proxección de traballos da ilustradora, dunha exposición bibliográfica que preparamos desde o IES coa colaboración con Gálix e da posibilidade de establecer un coloquio co alumnado coido que será unha inmellorable ocasión para render un tributo de agradecemento tanto á ilustradora galardoada polo seu excelente traballo como, por extensión, ao mundo da ilustración galega. Desde aquí estendo a miña invitación a todas as persoas interesadas para asistir ao acto (aquí como chegar).

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 8 Decembro 2016 por en Divulgación,Homenaxe , , , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: