Entre febreiro e maio deste ano mantiven esta sección que pretendía ofrecer cinco ligazóns que remitisen a diversas noticias, artigos de opinión ou reflexións, de carácter non exclusivamente literario que, desde o meu punto de vista, poderían resultar de interese. Reactivo hoxe a devandita sección.
1º-. O espolio do Pazo de Meirás.
2º-. Un concurso literario de temática xacobea, custeado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, onde a lingua galega é optativa. Denuncia de Prolingua.
3º-. Culturgal 2016. Valoración de Manuel Bragado.
4º-. Homenaxe a Lorenzo Varela no seu centenario.
5º-. Olalla Cociña, premio de poesía Afundación.