Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Axenda dietario 2017, Celia Torres (redacción e edición)

Celia Torres

Axenda dietario 2017

Xerais, Vigo, 2016, 336 páxinas, 16 €

 

É posible que conserve algunha axenda-dietario das primeiras que Edicións Xerais publicou.  Non o sei ben pois é máis que probable que estas se remonten a hai máis de dúas décadas e, decátome agora, nelas encerro, mellor diría encérranse pois o meu caso non ha ser único, citacións, compromisos, proxectos -cumpridos ou fanados-, lecturas, títulos de centos de libros, horarios, viaxes, presentacións…, en definitiva, unha crónica vital que recolle actividades, responsabilidades, tarefas obrigadas e outras pracenteiras. Afirmo isto porque xa teño no meu poder a Axenda 2017: un proxecto que Celia Torres foi, desde hai anos, agrandando, puíndo e mellorando para convertelo, cando menos desde o meu punto de vista, nun vademécum imprescindible sen o que difícil ou incomodamente sería capaz de enfrontar as 365 páxinas en branco que se dispoñen para o ano vindeiro.

     Celia Torres, así pois, alén de recuperar felizmente nesta edición as denominacións tradicionais que conviven coas máis habituais dos días en lingua galega, converte o día a día nunha caixa de sorpresas actualizada onde sempre nos atopamos o dato preciso e rotundo: unha referencia histórica de interese, unha efeméride, unha evocación do mundo das artes, da literatura, da música, do refraneiro popular, da economía.., sen esquecer aqueloutras datas de obrigada evocación e traballo no ámbito do ensino, ou das festas ou dos días que minguan ou medran…, de tantas e tantas realidades singulares e identitarias do noso día a día. Grazas, pois, por esta Axenda 2017 e, sen dúbida, tamén polas innumerables anteriores.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 14 Decembro 2016 por en Comentario,Divulgación , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: