Mesa de debate sobre as Irmandades: “Novos vieiros para a narrativa”

Dentro do ciclo No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos,  iniciativa organizada pola Real Academia Galega coa colaboración da AELG e da Xunta de Galicia e co gallo do centenario da fundación das Irmandades da Fala, o día 20 de decembro, martes, ás 19:3o horas e na sede coruñesa da RAG, celebrarase a derradeira sesión do mesmo que se desenvolverá en forma de mesa de debate baixo o título de “Novos vieiros para a narrativa”. Para min será un pracer participar nese encontro moderado por Fina Casalderrey a carón de Dolores Vilavedra e Camiño Noia.