O día 20 de decembro na sede da Real Academia Galega pechouse o ciclo “No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos” cunha mesa de debate sobre a narrativa desta época e na que tiven ocasión de participar, con Fina Casalderrey, Dolores Vilavedra e Camiño Noia, xunto co presidente da institución Xesús Alonso Montero.
A web da Academia incorporou unha moi atinada e completa crónica do acto que se pode consultar premendo aquí. Pola miña parte foi un pracer participar nela e deixo aquí unhas fotografías dese serán por cortesía da RAG.