Afectos, imaxes e palabras

As miñas benquerenzas neste día para todas as persoas que vos pasades por este blog e polas redes sociais nas que se estenden estes apuntamentos. A miña gratitude ás lectoras e lectores, ás editoriais, ás librarías, aos medios que acollen as miñas colaboracións e, por suposto, aos creadores e creadoras: alicerces fundamentais deste proxecto.

    Grazas, tamén, ás persoas que estiveron aí cando lles solicitei algunha cousa neste ano tan intenso: os espellos que reflicten os vosos mundos son tamén os meus. Sigamos compartindo as imaxes que proxecta ese espello común e, sempre, os afectos e a palabra.