Viva Galicia Beibe
Xerais, Vigo, 321 páxinas, 18,50 €
Reixa en estado puro. Velaquí as cancións escritas para “Os Resentidos” e outros grupos desde 1982 ata 2016: un “cancioneiro” popular e único que transmite, ademais, a memoria dun tempo próximo.
Negruña
Urco, Santiago, 326 páxinas, 19 €
Distopía dun autor en progresión que recrea unha cidade imaxinaria mais, ao tempo, facilmente recoñecible onde non faltan doses de crítica social e política.
Francesco Tonucci
Cando os nenos din basta (tradución de Mónica Baleirón e Rut Vázquez; limiar do autor e de Romano Prodi)
Kalandraka, Pontevedra, 336 páxinas, 20 €
Continuación de A cidade dos nenos, onde o autor segue a apostar pola formación pedagóxica de docentes, mais tamén de pais e nais, subliñando a importancia que posúe saber escoitar e comprender á infancia.
Estes textos publicáronse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 16 de decembro de 2016, na sección “Novidades”.