Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Iria Misa

Iria Misa

 1.– Principal trazo do seu  carácter?

– O inconformismo.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

– O sentido do humor. Paréceme síntoma doutras boas calidades.

3.– Que agarda das súas amizades?

– Agarimo de balde. Compartir moitas risas e tamén algunha bágoa, claro.

4.– A súa principal eiva?

-A inseguridade. A indecisión.

5.–  A súa ocupación favorita?

– Argallar. En moitas e moi variadas formas.

6.–  O seu ideal de felicidade?

– Estar soa con alguén e sentirme tan cómoda como para non ter nin que falar.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

– O sufrimento ou a perda de alguén querido.

8.– Que lle gustaría ser?

– Compoñente dunha banda Punk dos 70, ou dunha banda da Movida nos 80.

9.– En que país desexaría vivir?

-En Inglaterra pero cincuenta anos atrás. No Londres dos Swinging 60s, para vivir a revolución da mini-saia e o nacemento do rock.

10.– A súa cor favorita?

-O vermello.

11.– A flor que máis lle gusta?

– As papoulas.

12.– O paxaro que prefire?

– As pegas, esas que andan sempre polo xardín dos meus pais.

13.– A súa devoción na prosa?

– As escritoras de comezos do século XX. As súas fillas, as súas netas…

14.– E na poesía?

– Os combates de versos dos Poetas da Hostia.

15.- Un libro?

– Un só? Non se pode…

16.– Un heroe de ficción?

Rüdiger Von Schlotterstein.

17.– Unha heroína?

-Mary Poppins.

18.– A súa música favorita?

O glam rock, o punk rock, o britpop, o electro pop, o indie-rock… Que teña potentes guitarras é fundamental.

19.– Na pintura?

-O Impresionismo.

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

– Todas as persoas podemos ser heroes ou heroínas, non?

21.– O seu nome favorito?

– Os que comezan por “M” non adoitan fallar.

22.– Que hábito alleo non soporta?

– A condescendencia.

23.– O que máis odia?

-A falla de empatía.

24.– A figura histórica que máis despreza?

-FF.

25.– Un feito militar que admire?

-“Militar” e “admirar” para min non caben na mesma frase.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

– O da teletransportación!

27.– De que maneira lle gustaría morrer?

– Durmindo, co cabelo branco e a pel toda engurrada.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

-A expectativa, a transición.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

-Os que causan sufrimento a quen os posúe.

30.– Un lema na súa vida?

– De verdade, de verdade, de verdade pode pasar.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 12 Xaneiro 2017 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: