Este vindeiro venres 3 de febreiro, ás oito do serán, na sede do Ateneo Santa Cecilia, de Marín, presentarase O espello do mundo (Edicións Xerais). Grazas a Lois González Dopazo, presidente do Ateneo, por cursarme a invitación e será un pracer participar nun diálogo sobre a novela coa xornalista Paz Castro e con todas as persoas que desexen asistir.