Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Con Lueiro, de novo, en Fornelos

O serán de onte levoume, de novo, a Fornelos onde o concello volveu dispor, tan hospitalariamente coma sempre,  a sala multiusos para presentar o volume Lueiro Rey. Camiño aberto que recolle en boa parte as actividades que se desenvolveron no seo da exposición “Camiño aberto”. Un evento desenvolto ao longo do ano pasado por mor do centenario do nacemento do autor nun requintado volume editado pola Deputación de Pontevedra.

   Era de regra presentar o libro no lugar onde Lueiro veu ao mundo e, abofé, foi un pracer participar a carón de Carmen Carreiro, forza motriz de todas as actividades que teñen a Lueiro como obxectivo, Emiliano Lage -alcalde de Fornelos- e Xosé Leal, deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra que comunicou o seu compromiso para apoiar a posta en marcha dun galardón que, baixo o nome de Lueiro, promova e recoñeza o xornalismo en lingua galega. Unha moi feliz noticia para seguir avanzando na “causa Lueiro”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: