Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Torres de Hércules. A lámpada do mundo, de Ramón Loureiro e Antonio Seijas

Torre de Hércules. A lámpada do mundo

Ramón Loureiro e Antonio Seijas (edición trilingüe galego, castelán, inglés)

Trifolium, A Coruña, 2016, 34 páxinas, 14 €

 

 

Como unha excelente iniciativa entendo a publicación, na sempre coidadosa Editorial Trifolium, deste libro en edición trilingüe (galego, castelán e inglés) que subscriben, na parte textual, o xornalista e escritor Ramón Loureiro e, na vertente visual, o ilustrador Antonio Seijas.

     O tributo que se lle rende á Torre de Hércules, un dos  nosos indiscutibles símbolos, articúlase a través dun texto de Loureiro, marcado tanto pola súa estudada brevidade como pola beleza estética que encerra, onde non é difícil rastrexar o pouso da emoción nun percorrido informativo, histórico e cultural, ao tempo que sentimental e íntimo, por un espazo arquitectónico único que incorpora un corpus de ilustracións fantásticas dese grande artista que é Seijas e que converten este libro nun auténtico agasallo, visual e literario. Ambos os dous, Loureiro e Seijas, saben ver e transmitir con excelencia a luz que emana desa senlleira “lámpada do mundo”.

 

 

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: