Este vindeiro venres, día 31 de marzo, nesa casa do libro galego que é a libraría Cartabón de Vigo, presentarase Versos para conversar, de Xoán Carlos Domínguez Alberte. Será un pracer acompañar ao autor, a Carlos Lema en representación da Editorial Galaxia e a Xesús Alonso Montero neste acto. Un libro de poesía para todas as idades, por certo.