Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Carlos Casares: novidades editoriais para o Día das Letras

Fun recibindo ou descubrín, nos últimos meses, diversos libros e publicacións  que suscita o Día das Letras Galegas deste ano dedicado a Carlos Casares. Ante a imposibilidade de dar conta un por un destes títulos, como por outra parte merecerían, deixo aquí constancia destas novidades xunto cun moi breve comentario. O apuntamento non ten intención exhaustiva pero quere servir de orientación para as persoas interesadas.

Monteagudo aborda unha biografía completa e exhaustiva guiada polo criterio da divulgación e dominada por un afán totalizador. O profundo rastrexo dos socalcos vitais máis relevantes e algunhas claves para interpretar a súa obra parécenme do máis relevante.

Damián Villalaín sintetiza aqueles aspectos fundamentais do perfil humano e mais tamén do literario de Carlos Casares nunha publicación dirixida, en primeira instancia, a un público máis novo pero do que calquera poder extraer matices e información de elevado interese.

Imprescindible, igualmente, este libro do xornalista e escritor Ramón Loureiro. Compendia, con excelente criterio,  un percorrido biográfico pola figura de Casares redactado cun firme e envexable pulso narrativo e a célebre conversa que mantivo con Casares pouco antes do falecemento do autor ourensán. Un corpus fotográfico que pon o ramo ao libro resulta, asemade, de extraordinario valor.

Orixinal achega de Rafael Laso na que, mercé unha conversa entre un autor e un dos seus personaxes, vai construíndose unha biografía en forma de conto para que as persoas máis novas se acheguen de forma lúdica á biografía de Casares. Primeira publicación en papel do xornal dixital Dendealimia.com

Importante rescate da obra xornalística de Carlos Casares que, deste xeito, completa a compilación dos seus célebres artigos publicados en La Voz de Galicia.

Ao meu ver unha das propostas máis relevantes entre as publicacións que ofrece textos inéditos ou semi-inéditos de Casares. En edición de Henrique Monteagudo O expreso da literatura ofrece un total de dezaseis textos que son ensaios de carácter literario sobre asuntos moi diversos. Un libro irmán daquel inesquecible Un país de palabras.

Velaquí, en edición a cargo de Delfín Caseiro e Antón Riveiro Coello, un libro publicado polo Concello de Xinzo de Limia que ofrece, por xunto, textos de Casares que se ambientan ou fan referencia a Xinzo de Limia.

Edición non venal coeditada polo Concello de Vigo e a Editorial Galaxia na que se recupera un texto evocador e fermoso de Casares que escribe, en boa parte, as liñas da historia de Vigo e que se destina, fundamentalmente, a difundir a súa figura e a cidade de Vigo entre escolares.

A revista Grial non podía deixar de render un recoñecemento a quen foi un dos seus directores. Nesta ocasión convértese case na súa totalidade nun monográfico sobre Casares verdadeiramente imprescindible.

 O Consello da Cultura Galega decidiu sumarse á celebración coa reedición facsímile d´As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, un clásico do noso teatro infantil que conta cun estudo previo da profesora Montse Pena.

Edición ao coidado de Henrique Monteagudo, Xosé Manuel Salgado e Dolores Vilavedra mediante a cal a Universidade de Santiago de Compostela se suma ao recoñecemento de quen foi un dos seus alumnos máis egrexios.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o 12 Maio 2017 por en Día das Letras,Divulgación .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: