Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Álex e o rato de corda, de Leo Lionni

Leo Lionni

Álex e o rato de corda (tradución de Xosé Manuel González “Oli”)

Kalandraka, Pontevedra, 2017, 40 páxinas, 15 €

 

 

Amplíase o xa dilatado, e fundamental, catálogo de Leo Lionni na Editorial Kalandraka cunha nova entrega que chega baixo o título de Álex e o rato de corda, publicado orixinalmente no ano 1969.

Cada vez que leo algo do italiano Leo Lionni teño que afirmar que a miña admiración por esta voz vai a máis. O escritor italiano afonda, neste caso, nunha historia urdida cos fíos de verdadeira amizade entre o  rato Álex e outro rato de corda que atopa na súa vida e faino con sinxeleza e inequívoca fondura expresiva. E xa que trata a amizade é aí onde xorden valores que se asocian naturalmente a ela como a solidariedade, a xenerosidade e, ao tempo, os afectos para deitar unha conclusión que apunta ao que resulta verdadeiramente importante na vida.

Un libro para ler e reler, pois lecturas sucesivas fan que sempre se descubran novos matices desta historia, sen dúbida enriquecedores e inesperados. Unha sorte ler a Lionni na nosa lingua.

 

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: