Este vindeiro venres, na Libraría Cartabón e ás oito do serán, Xosé Iglesias presentará A relixión do mar, libro que foi galardoado co Premio Victoriano Taibo o ano pasado e que non cansarei de recomendar. Teño a seguridade que será unha presentación fantástica e unha oportunidade de coñecer e dialogar cunha das voces máis intensas e, para min, máis admiradas da poesía galega de arestora: pola transparencia da súa voz, polo exercicio de honestidade que supón a súa obra e porque con ela se sente o mar, o noso mar, mais tamén a vida e a morte. Lembrade: na libraría Cartabón de Vigo -onde todos os días do ano son as Letras Galegas- ás oito do serán o venres 19 de maio. Será un pracer vervos.