Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Inauguración da exposición ‘100 anos de Manuel Lueiro Rey’ no Grove

A exposición ‘100 anos de Manuel Lueiro Rey’ non podía estar ausente do Grove, un dos espazos vitais e literarios do autor de Non debían medrar. Grazas ao inestimable traballo de Carmen Carreiro inaugurarase a devandita exposición e, ao tempo, presentaremos o libro-catálogo do centenario editado pola Deputación de Pontevedra.

Neste acto acompañarei á concelleira de cultura do Grove, Emma Torres e mais ao deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal; mentres que Juan Carlos Cambas e Rosa Leiro van ocuparse da parte musical. Será na Casa das Cunchas, do Concello do Grove, este vindeiro mércores día 31 de maio ás oito do serán e, sen dúbida, encantaríame saudarvos alí.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 29 Maio 2017 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: