Con Lueiro, de novo, no Grove

Presentouse onte, na Casa das Cunchas do Grove, o libro que testemuña parte das actividades realizadas o ano pasado, cando celebramos o centenario do nacemento de Lueiro en diversos concellos pontevedreses. O acto serviu tamén para inaugurar a exposición homónima, desde agora e durante un tempo depositada nese mesmo espazo.

Foi un verdadeiro pracer acompañar a Carmen Carreiro, alma máter deste proxecto; a José Antonio Cacabelos, alcalde do Grove; a Xosé Leal, deputado de cultura e de normalización lingüística da Deputación de Pontevedra e mais a Rosa Leiro e Juan Carlos Cambas que acompañaron musicalmente o acto. Grazas tamén a Emma Torres, concelleira de cultura e mais a todas as persoas que nos acompañaron.

Era preciso, ao meu ver, que esta exposición e o libro Manuel Lueiro Rey. Camiño aberto visitasen a vila na que viviu desde a súa adolescencia ata a súa morte. Seguimos na Causa Lueiro (fotos, cortesía de Ana Cabaleiro e Carmen Carreiro).

O pase de diapositivas require JavaScript.