Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Luís Bará

Luís Bará

 1.– Principal trazo do seu  carácter?

-Tenacidade.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

-Honestidade.

3.– Que agarda das súas amizades?

-Sinceridade e solidariedade.

4.– A súa principal eiva?

-Ser despistado, perdo cousas con moita frecuencia.

5.–  A súa ocupación favorita?

-Viaxar.

6.–  O seu ideal de felicidade?

-Unha tarde en Boca do Río, Carnota, despois de comer un polbo con ameixas na Casa da Crega.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

-Perder unha persoa querida.

8.– Que lle gustaría ser?

-Escritor e político.

9.– En que país desexaría vivir?

-No meu, Galiza.

10.– A súa cor favorita?

-Verde.

11.– A flor que máis lle gusta?

-O lilio amarelo.

12.– O paxaro que prefire?

-A pomba torcaz.

13.– A súa devoción na prosa?

-Moitas: Faulkner, Cortázar, Torrente Ballester, Blanco Amor…

14.– E na poesía?

Rosalía de Castro e Manuel Antonio. E Eugenio de Andrade.

15.- Un libro?

O ruído e a furia, de William Faulkner.

16.– Un heroe de ficción?

-Astérix.

17.– Unha heroína?

-Alicia.

18.– A súa música favorita?

-Gústame o jazz, a música clásica, a música tradicional, a canción de autor/a… Nomes: Silvio Rodríguez, Ses, Norah Jones, Uxía…

19.– Na pintura?

-Chagall, Leopoldo Nóvoa e Maruxa Mallo.

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

-Mandela e Rosalía de Castro.

21.– O seu nome favorito?

-María.

22.– Que hábito alleo non soporta?

– Conducir co brazo por fóra da xanela.

23.– O que máis odia?

-A inxustiza.

24.– A figura histórica que máis despreza?

-Todos os dirixentes fascistas e totalitarios, comezando por Hitler e Franco.

25.– Un feito militar que admire?

-Ningún, non me gustan nin as armas nin os exércitos nin as guerras.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

– A elegancia.

27.– De que maneira lle gustaría morrer?

– Durmindo.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

– O optimismo, a esperanza.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

– A impaciencia.

30.– Un lema na súa vida?

– “Procurando o imposíbel como se consegue todo o posíbel”, ou tamén “sexamos realistas, fagamos o imposíbel”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o 14 Xuño 2017 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: