Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Oqueleo

Presentado oficialmente hai pouco tempo “Oqueleo” é un novo selo de literatura infantil e xuvenil para Galicia de Santillana/Obradoiro.  O logotipo identificador da marca acompáñase dunha sentenza breve e marabillosa que é “somos o que lemos”. Esta idea inspira con acerto, ao meu ver, un proxecto que cómpre saudar por varias razóns, entre as que non é menor o feito de incorporar novas posibilidades para un ámbito de indiscutible relevancia. Nel son precisas todas as forzas para promocionar hábitos de lectura en lingua galega cara ao futuro.

Nesta estrea o selo conxuga un catálogo segmentado en cinco series que estruturan gradualmente os seus títulos en función das características do ámbito receptor. Deste xeito danse a man textos clásicos da literatura infantil e xuvenil –véxase Os recreos de Nicolasiño, de Goscinny-Sempre, en espléndida tradución de Antón Palacio- con outras propostas da creación literaria propia que, á espera doutros títulos que se incorporarán pronto, chegan da man de María Canosa e Kike Gómez, Paula Carballeira, Gloria Sánchez, Xoán Babarro, Jaureguizar ou Héctor Cajaraville, acollidas nunhas atractivas edicións que contan con ilustradores como Lucía Cobo, Dani Padrón, Teresa Bellón.

Nos tempos que corren esta iniciativa é unha moi feliz e esperanzadora noticia. Somos o que lemos, sen dúbida. Sigamos lendo.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 16 Xuño 2017 por en Divulgación,Literatura galega,Literatura infantil,Literatura xuvenil .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: