1.– Principal trazo do seu carácter?
-Insubmiso punky romántico.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A dignidade e a coherencia cos seus principios.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Dignidade, coherencia cos seus/nosos principios e algún agarimo inesperado.
4.– A súa principal eiva?
-A potencia sen control, a vehemencia non domesticada.
5.– A súa ocupación favorita?
-Crear, parir literatura, música…
6.– O seu ideal de felicidade?
-En paz comigo e con quen máis quero e en paz co mundo. Medio conseguín o primeiro xa de vello. O segundo igual chegará cunha especie menos “sapiens” e máis sensible.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Que lle pasara algo sen solución á miña filla ou á miña Esperanza.
8.– Que lle gustaría ser?
-Aquilo ao que me estou achegando (quero crer): un home digno.
9.– En que país desexaría vivir?
-En Galiza, por suposto!!!
10.– A súa cor favorita?
-Amarelo.
11.– A flor que máis lle gusta?
-Tulipán.
12.– O paxaro que prefire?
-O canario.
13.– A súa devoción na prosa?
-Peter Hanke, Albert Camus.
14.– E na poesía?
-Antonio Tovar Bovillo, Billy Childish, Gamoneda…
14.- Un libro?
-El coronel no tiene quien le escriba.
16.– Un heroe de ficción?
-Xesús de Nazareth.
17.– Unha heroína?
-A nai Teresa de Calcuta.
18.– A súa música favorita?
-Toda a que me toca a alma ou o que sexa iso que me/nós toca…
19.– Na pintura?
-Dalí.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-O Che Guevara, Rosa Parks.
21.– O seu nome favorito?
-Esperanza, claro.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A falta de seriedade ou responsabilidade. A aparencia falsa.
23.– O que máis odia?
-A indignidade deste mundo e a min por case non facer nada por arranxalo. Tan só deixar mensaxes de impotencia.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Franco.
25.– Un feito militar que admire?
-Ningún.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Saber controlar os meus estoupidos.
27.– De que maneira lle gustaría morrer?
-Rápido e sen molestar nin molestarme.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Agora, a esperanza. Antes, a amargura.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-Todos os que non conlevan “maldade consciente”.
30.– Un lema na súa vida?
-Ánimo!!! Ti podes!!! Confía, paciencia!!!