Presentación de Corredora, de María Reimóndez, na Feira do Libro de Vigo

Este vindeiro día 6 de xullo, ás 19:45 e na Feira do Libro de Vigo, terei o pracer de dialogar con María Reimóndez sobre o seu último libro titulado Corredora, do que podedes ler unha breve recensión aquí. Ha ser un serán fantástico. Esperamos por vós.