Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Gogue

Gogue

1.– Principal trazo do seu  carácter?

-Profesionalidade.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

-A humanidade.

3.– Que agarda das súas amizades?

-Reciprocidade.

4.– A súa principal eiva?

-Saber dicir non a tempo.

5.–  A súa ocupación favorita?

-Debuxar, crear soños.

6.–  O seu ideal de felicidade?

-Un mundo mellor.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

-Non poder debuxar, crear.

8.– Que lle gustaría ser?

-O que son: un creador de soños.

9.– En que país desexaría vivir?

-No que vivo.

10.– A súa cor favorita?

-O negro

11.– A flor que máis lle gusta?

-A margarida.

12.– O paxaro que prefire?

-O pardal.

13.– A súa devoción na prosa?

-Por desgraza, non leo prosa.

14.– E na poesía?

-Non leo poesía.

15.- Un libro?

-Moitos de cómic.

16.– Un heroe de ficción?

-Floreano.

17.– Unha heroína?

-Monchiña.

18.– A súa música favorita?

-Rock, folk…

19.– Na pintura?

-Picasso.

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

-Teño moitos, pero é inxusto deixar algún sen nomear.

21.– O seu nome favorito?

-Gogue.

22.– Que hábito alleo non soporta?

-Non ser puntual.

23.– O que máis odia?

-Moitas cousas que sería moi longo de nomear.

24.– A figura histórica que máis despreza?

-Moitas, moitas, moitas.

25.– Un feito militar que admire?

-Sempre que se salven vidas, todos os feitos son de admirar.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

-Confórmome cos que teño, poucos pero escollidos.

27.- De que maneira lle gustaría morrer?

-Debuxando.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

-Tensión e nerviosismo por acabar as cosuas como eu quero.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

-A envexa sa.

30.– Un lema na súa vida?

-Hai que soñar!!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o 5 Agosto 2017 por en Divulgación,Humor gráfico , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: